Últimas publicaciones:

Noticias


Seccion
Publicado por
Texto

Busqueda normal  |  Busqueda avanzada

Ejemplo: celta

Todo Noticias Eventos Entrevistas Mi Paladar
 

FESTIVAL SONS DA LAMEIRA 2012

DamosMás patrocinador oficial de Blue Jeans

Autor: Damos Más   Fecha: 02/07/2012  

VI edición do festival SONS DA LAMEIRA


O festival SONS DA LAMEIRA nace no ano 2007 como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia de Matamá(Vigo), durante os meses do verán. Está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá, estas asociacións son, o a ASOCIACIÓN XUVENIL DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ e o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA constituidas por xóvenes con ampla experiencia na organización de eventos destas características. . Dende a primeira edición ata a actual, unha das principais cartaterísticas do festival é a celebración de dúas xornadas diferenciadas, a primeira en venres(Matama Folc), adicada ao folc e da que se ocupa A.X.A.O.M.A., e a segunda o sábado(Malaherba Rock) , adicada ao rock e da que se encarga o Colectivo Malaherba. Ao longo das cinco edicións anteriores pasaron polo torreiro de Matamá, algunhas das mellores bandas galegas, tanto nas distintas vertentes da escea Rock como Ruxe Ruxe , Aphonnic,Skarnio ou Kógito, ou no eido folc con Os Carunchos, Ardentía, Xochilmica, Crema de Gaita... ainda que nestes anos tamén contamos nós nosos escenarios, con importantes nomes da escea rock e folc estatal como Skunk D.F., Kaos Urbano ou Pan de Capazo e algunha banda Portuguesa como Brigada Victor Jara ou Kapataz.

lameira


Edición de 2012 A VI edición do festival SONS DA LAMEIRA, transcurrirá en dúas xornadas, como ven sendo costume dende a súa creación. O venres día 6(Matamá Folc) será adicado ao folc, e o sábado 7(Malaherba Rock) ao rock. Matamá Folc Este ano celebrase o décimo aniversario do Matamá Folc, que contará no Torreiro de Matamá a partir das 22:00 H. coa participación dos baionesesAbóbriga, da música e danza de O fiadeiro, Zurrumalla presentando novo traballo e Os Cuchufellos de Manzaneda, inclasificables,incontrolables pero unha garantía segura de festa rachada. Entre grupo e grupo contaremos coa presenza do dúo de zanfonas Sobre Rodas (Luís Caruncho e Carlos do Viso), e o grupo de percusión tradicional Pelepau. Malaherba Rock A xornada do sábado 7 de Xullo dará comezo ás 16:30 co xá clásico torneiño mixto de brilé, que dará paso a celebración dos concertos a partir das 20:30 H. Nesta xornada, os concertos iranse alternado dun xeito continuado en dous escenarios, o Escenario Malaherba e o Escenario Xuventude. Neste último, participarán as bandas gañadores do concurso "Novos valores cidade de Vigo" celebrado nas instalacións de Vigosónico na primaveira pasada. No "Escenario Malaherba" daranse cita toda unha referencia na escea punk-hardcore estatal como son Escuela de Odio(Asturies), Dakidarríaque continúan coa súa exitosa xira La utopía eres tour, Dios que te Crew, a principal referencia do Hip Hop galego, e o punk-folc tabernario dosFalperrys. No "Escenario Xuventude", actuarán Los Kualkiera(punk-rock), Atlantic Valley(stoner), Blue Jeans(pop) e Os Narvais(punk), todas elas, prometedoras bandas formadas por xente moi nova, pero con moito por decir.












Radio Lider








Colaboradores: